miércoles, 5 de diciembre de 2007

Pelexa de tesoiras

Non, non se trata dun xogo belicoso, aquí o que necesitas é usar o inxenio.



Participan dous xogadores, cunha tesoira. Xógase cunha folla cuadriculada de 6x6 coma da figura 1.

En su turno cada xogador fai un corte recto. Debe empezar no borde do papel ou nun corte anterior e seguir unha liña do cuadriculado ata rematar nunha intersección de dúas liñas. O corte pode ser todo o longo que se queira. Na figura 2 vense os cinco primeiros cortes dunha posible partida.

O xogador que no seu turno desprende por completo un anaco de papel, perde.

fig. 1 fig. 2



No hay comentarios: